É un dramaturgo especializado en teatro para nenas e nenos. Neste eido acadou os premios Xeración Nós, Estornela, Manuel María e O Facho, con pezas que se len e representan de maneira habitual nos colexios, como Indo para o Samaín, Estrelamar ou O Apalpador. A partir de 2010 a súa escrita vira a temáticas mais comprometidas socialmente. Desta época podemos salientar: A pequena compaña, onde desde o humor se denuncian os abusos cometidos á infancia; O valo, que trata o drama dos refuxiados; Moito Morro Corporation Sociedade Ilimitada, comedia ácida sobre a crise económica (Premio de Teatro na Gala do Libro 2017); e Estrelecer, peza de misterio con reivindicación feminista (lecturas dramatizadas da SGAE). No ano 2016 fundou a compañía de teatro Os Furabolos, onde desenvolve tamén as súas facetas como actor e director.