Estás aquí:

Código: 18543

Días de intemperie

16,00  IVE INCLUIDO

Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estremecedor onde o pano de fondo sempre é a guerra.

Como xa fixera en As Rulas de Bakunin, Laura no deserto e O paraí-so dos inocentes, Antón Riveiro Coello pon de novo os seus personaxes en situacións límite para que nos ofrezan o mellor e o peor de si. Relatos duros que nos enfrontan co espello para sabermos o lugar que poderiamos ocupar en conflitos tan diversos como os que acollen estes relatos. E tanto ten que a guerra se desenvolva en Ucraína, Siria, Rusia, Vietnam ou na raia seca ourensá. O importante nestas historias é o resultado conmovedor dunha escrita poderosa que, unha vez máis, ispe os personaxes para os deixar nunha intemperie que tamén podería ser a nosa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 120
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 21/11/2022
Dimensións 135 x210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 464
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-907-2
Observacións: 3ª reimpresión de xaneiro de 2023

AUTORES/AS

Antón Riveiro Coello
Antón Riveiro Coello

(Xinzo de Limia, 1964). É un dos autores de máis prestixio da narrativa galega actual e, entre a súa obra, traducida a varias linguas, destaca Valquiria (1996), Premio Camilo José Cela; Parque Central e outros relatos (1996); A historia de Chicho Antela (1997); A quinta de Saler (Galaxia, 1999), Finalista Premio Torrente Ballester; Animalia (Galaxia, 1999), Premio Café Dublín; As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000), Premio García Barros; Homónima (Galaxia, 2001), Premio Álvaro Cunqueiro; Cartafol do Barbanza (2002); A esfinxe de amaranto (Galaxia, 2003); Limaiaé (2005); Casas Baratas (Galaxia, 2005); A voz do lago (Galaxia, 2007), Os ollos de K (Galaxia, 2007), Finalista Premio Novela Europea Casino de Santiago; As pantasmas de auga (2010); Laura no deserto (Galaxia, 2011), Premio da Crítica Española, Premio de Narrativa da AELG e Premio Frei Martín Sarmiento; Acordes náufragos (Galaxia, 2013); Os elefantes de Sokúrov (Galaxia, 2015), Premio Fervenzas Literarias; A ferida do vento (Galaxia, 2016), Premio Frei Martín Sarmiento; Á sombra dos bonsais (Galaxia, 2017); e O paraiso dos inocentes, Premio Torrente Ballester 2019 (Galaxia, 2020).

Foto do autor: © Mar Rodríguez

As súas obras

A ferida do vento
A ferida do vento
15.60€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE