(1941-2024). Foi catedrático emérito de Historia Contemporánea da USC e presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego.
Foi cofundador do Museo do Pobo Galego e tamén o presidente da súa Xunta Reitora. O seu labor poliédrico tamén se ve reflictido na súa actividade, como un dos membros fundadores, da Fundación Castelao; tamén no papel que asumiu como director da sección de pensamento político da Fundación Vicente Risco. Un activista cultural que demostrou o seu compromiso incansable participando de maneira activa na creación de revistas como Negacións (Madrid, 1977), A Trabe de Ouro (Santiago, 1990) ou Tempos Novos (Santiago, 1997).
Especializado na historia das ideoloxías e dos nacionalismos foi editor das obras de Losada Diéguez, Ramón Villar Ponte, Pena Novo, Castelao e Vicente Risco. Organizou e coeditou as actas dos congresos Nacionalismos e rexionalismos na España da Restauración (1983), Castelao (1986), Os nacionalismos na España da Segunda República (1988), Nationalisms in Europe. Past and Present (1993) e Memoria e Identidade (2004).
Colaborador habitual da Revista Grial; na Editorial Galaxia, editou títulos como Obras Castelao. Tomo III; O esquecido mentor de Nós. Escolma de textos, 1900-1929, de Antón Losada Diéguez; ou Loitando pola Galicia que non foi, de Francisco Fernández del Riego.
(1983) forma parte do Partido da Terra. Desde 2011 dirixe os programas de prevención da violencia do Center for Global Nonkilling (Hawaii).
(Burgos, 1947) foi o primeiro reitor da Universidade da Coruña, na que actualmente ocupa a cátedra de Dereito Constitucional.
Foi nomeado primeiro reitor da recentemente creada Universidade da Coruña e designado polo Concello da Coruña para impulsar a aplicación da Lei da Memoria Histórica na cidade. Sucedeulle no cargo de reitor José Luis Meilán Gil.
É membro do Instituto Cornide de Estudos Coruñeses desde abril de 2011 e colaborador no diario A Opinión A Coruña. No ano 2012 foi un dos integrantes dun encontro organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo sobre a Constitución española de 1812.
(1961) é catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012.
Coordina a Rede REPENSeI (Regulación, Estratexias e Políticas para a Emerxencia de Novos Sectores Innovadores), e é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro, así como do consello científico da Revista Galega de Economía e da Revista Principios. Colaborador habitual da revista Tempos Novos e noutros medios como a Radio Galega, Xornal de Galicia ou Sermos Galiza.