Justo, Beramendi

Justo_Beramendi_(AELG)-3
Justo, Beramendi

(1941) é catedrático emérito de Historia Contemporánea da USC e presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego.

Foi cofundador do Museo do Pobo Galego e é o presidente actual da súa Xunta Reitora. É membro fundador da Fundación Castelao e director da sección de pensamento político da Fundación Vicente Risco. Participou na creación das revistas Negacións (Madrid, 1977), A Trabe de Ouro (Santiago, 1990) e Tempos Novos (Santiago, 1997). Xubilouse no ano 2012.

Especializado na historia das ideoloxías e dos nacionalismos foi editor das obras de Losada Diéguez, Ramón Villar Ponte, Pena Novo, Castelao e Vicente Risco. Organizou e coeditou as actas dos congresos Nacionalismos e rexionalismos na España da Restauración (1983), Castelao (1986), Os nacionalismos na España da Segunda República (1988), Nationalisms in Europe. Past and Present (1993) e Memoria e Identidade (2004).

As súas obras

Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza
Tempos chegados?
16.90€ CON IVE