Naceu en Chantada e vive en Ames. Politólogo pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu a súa traxectoria profesional como investigador social e consultor público. Socio-fundador da empresa cooperativa Cidadanía, exemplo de innovación nas ciencias sociais e na participación e creatividade social. Foi decano do colexio de Politóloga/os e Socióloga/os. Na actualidade traballa no proxecto político de base cidadá Ames Novo. Colaborador habitual nos medios Tempos Novos, Radio Galega, Praza Pública, e no seu blog A nación aberta. Gañador do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012.