Presentación-Debate en Ferrol arredor do libro Para que nos serve Galiza? de Xaime Subiela

Categoría: Nova

O vindeiro xoves 16 de xaneiro ás 20:00 horas o Ateneo Ferrolán acollerrá un debate arredor da reflexión formulada no libro 'Para que nos serve Galiza?', no que intervirán:
• O autor Xaime Subiela
• Yolanda Díaz (Parlamentaria e Viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerdas)
• Carlos Neira Cortizas (Economista e investigador social)
• Bernardo Lorenzo Cuetara (Consultor e cocoordenador do Espazo ecosocialista en Ferrolterra).
Organizan Editorial Galaxia e Ateneo Ferrolán.
O acto terá lugar na sede do Ateneo na Rúa Magdalena, 202-204 Ferrol.
O libro foi merecente do XII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio e nel o xurado -integrado por Luís Alonso Girgado, Miguel Barros Puente, Encarna Otero Cepeda, Carme Vidal Lage e Carlos Lema- valorou de xeito especial a modernidade da análise da situación actual de Galiza e o novidoso da formulación dos retos da sociedade galega de hoxe, así como a visión optimista de futuro que reflite o ensaio.

Comparte nas túas redes sociais ou por email