A fin de ano chegou coa aparición, nas tendas de libros de todo o país, dunha nova edición do libro de Vicente Risco, o clásico 'O porco de pé', unha das grandes obras da literatura galega universal e un dos textos fundamentais do noso autor dende que a publicou no ano 1928. Dende aquela, milleiros de galegos e galegas téñense achegado a esta obra que a nosa editorial publica dentro da Biblioteca Vicente Risco.
Na ligazón á dereita destas liñas deixámosche a ligazón para que poidas botar un ollo a boa parte do libro dende Google Books.