Xornada de debate arredor do libro 'Para que nos serve Galiza?' na Coruña

Categoría: Nova

O venres 28 de febreiro, ás 20 horas, nas instalacións do Museo de Arte Contemporánea da Coruña celebrarase unha xornada de debate arredor do libro de Xaime Subiela 'Para que nos serve Galiza? (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012). Intervirán Fernanda Tabares, Xosé Manuel Pereiro, Carlos Aymerich e o autor.
O autor mantén, e abofé que está a conseguilo nos distintos debates que están a celebrarse por todo o país que este libro "é un texto para abrir o debate por hai moitas cousas nel para que se debata sobre elas"

Comparte nas túas redes sociais ou por email