Mesa redonda arredor do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012 en Pontevedra

Categoría: Nova

No acto, no que intervirán Agustín Fernández (licenciado en Dereirto. Secretario xeral da Agrupación Socialista de Pontevedra e concelleiro de Educación, Deportes e Universidade), Xoán Hermida (licenciado en Historia Contemporánea . Coordinador nacional de Espazo Ecosocialista), Carlos Méixome (licenciado en Filosofía e C. Educación. Profesor de Xeografía e Historia. Membro da Permanente da Coordinadora Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista) e Xaime Subiela (politólogo), terá lugar o vindeiro xoves, 13 de febreiro, ás 20 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (rúa de Don Filiberto, 9-11, Pontevedra).
O libro obxecto de debate é 'Para que nos serve Galiza?' co que o politólogo Xaime Subiela gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio.

Comparte nas túas redes sociais ou por email