Estás aquí:

Código: 462

Os elefantes de Sokúrov

24,70  IVE INCLUIDO
Premio Fervenzas Literarias 2015 ao Mellor Libro de Narrativa Na súa nova novela, Antón Riveiro Coello conta a historia de Janis, quen na Compostela de 2012 se enfronta a un difícil presente, o da crise económica, ao tempo que sente a necesidade de coñecer o seu pasado, as razóns dunha existencia da que non albisca futuro.
En Os elefantes de Sokúrov, Riveiro Coello elabora unha trama na que os propios personaxes toman a palabra para relatar unha historia de temas tan diversos coma o amor, o suicidio, a crise económica, a creación, a memoria, as artes e a solidariedade. Estamos no Nadal de 2012. Janis, con trinta anos e un expediente académico exemplar, agarda por unha convocatoria para as oposicións ao ensino. Mentres, fai crítica de cine e coida de anciás nun andar de Santiago. Almorza todas as mañás nunha cafetería da zona vella, onde un descoñecido escribe e le sen acougo. Janis adoita observalo e queda engaiolada pola súa presenza ata que un día el desaparece. A partir dese acontecemento en aparencia nimio, a protagonista da novela vai iniciar unha pescuda que a ha levar á súa infancia, á mocidade dos seus pais, a dos movementos xuvenís e as arelas de cambiar o mundo, e ao cabo, á descuberta dun enigma que, sen que Janis o saiba, ha marcar a súa vida. A través das historias dos seus personaxes, Riveiro Coello consegue vencellar pasado e presente, unindo inextricablemente a recuperación da memoria coa busca do senso da vida. Moi poucos novelistas conseguen transformar temas de actualidade coma os problemas da vellez, os desafiuzamentos, o traballo precario da mocidade e a pobreza nas rúas nun relato sobre o esencial da vida humana. Riveiro Coello é quen de o facer ao incrementar a capacidade de atracción das reviravoltas dunha trama coidada en todos os seus pormenores, co engado duns personaxes trazados de maneira vívida e cuns recursos literarios nos que a metáfora e o símbolo están ao servizo da narración. Os elefantes de Sokúrov é unha gran novela sobre o presente porque, desde o actual, nos fai concibir o tempo todo como un senso que libera.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 412
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 15/01/2016
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-640-4
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Antón Riveiro Coello
Antón Riveiro Coello

(Xinzo de Limia, 1964). É un dos autores de máis prestixio da narrativa galega actual e, entre a súa obra, traducida a varias linguas, destaca Valquiria (1996), Premio Camilo José Cela; Parque Central e outros relatos (1996); A historia de Chicho Antela (1997); A quinta de Saler (Galaxia, 1999), Finalista Premio Torrente Ballester; Animalia (Galaxia, 1999), Premio Café Dublín; As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000), Premio García Barros; Homónima (Galaxia, 2001), Premio Álvaro Cunqueiro; Cartafol do Barbanza (2002); A esfinxe de amaranto (Galaxia, 2003); Limaiaé (2005); Casas Baratas (Galaxia, 2005); A voz do lago (Galaxia, 2007), Os ollos de K (Galaxia, 2007), Finalista Premio Novela Europea Casino de Santiago; As pantasmas de auga (2010); Laura no deserto (Galaxia, 2011), Premio da Crítica Española, Premio de Narrativa da AELG e Premio Frei Martín Sarmiento; Acordes náufragos (Galaxia, 2013); Os elefantes de Sokúrov (Galaxia, 2015), Premio Fervenzas Literarias; A ferida do vento (Galaxia, 2016), Premio Frei Martín Sarmiento; Á sombra dos bonsais (Galaxia, 2017); e O paraiso dos inocentes, Premio Torrente Ballester 2019 (Galaxia, 2020).

Foto do autor: © Mar Rodríguez

As súas obras

Á sombra dos bonsais
a-sombra-dos-bonsais
18.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE