Presentación de 'Os elefantes de Sokúrov' en Xinzo

Categoría: Nova

Editorial Galaxia, Café Ítaca e mais o Concello de Xinzo, organizan a presentación da nova novela do autor limiao Antón Riveiro Coello, que será acompañado por Carlos Gómez Salgado, concelleiro de Turismo; Gonzalo Peláez, xerente do Café Ítaca; Fernando Fernández González, representante de Galaxia; e máis polo escritor e presidente da A. C. Barbantia, Xesús Laíño.
Sobre esta novela, o tamén escritor Antonio Piñeiro escribía hai uns días: "A indubidable habelencia que ten Antón Riveiro para facer asequible, case coma parte da cotiandade, calquera sensación novelada, calquera espazo, calquera acontecemento, descrición, intre histórico ou circunstancia extraordinaria, resulta aquí novamente esclarecida polo manexo dun tema dos considerados coma de "inacción" cun ritmo tan elástico, tan adaptable aos momentos do relato, que chega deleitosamente a embriagar".

Comparte nas túas redes sociais ou por email