Presentación multitudinaria en Xinzo de Os elefantes de Sokúrov

Categoría: Nova

O café Ítaca de Xinzo quedou pequeno o venres ante a multitude de persoas que acudiron á presentación de Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello. A nova obra do escritor limiao consegue conectar o pasado e o presente e trata temas de actualidade cos que calquera se pode identificar, como os problemas da vellez, os desafiuzamentos, o traballo precario da mocidade ou a pobreza nas rúas.

No noso blog podedes ver unha galería de fotos do acto.

Así o recolle a prensa local.

Comparte nas túas redes sociais ou por email