Presentación de AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA en Santiago

Categoría: Nova

O escritor Francisco Castro presentará a súa nova novela, AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA, na librería Cronopios de Santiago acompañado pola investigadora Malores Villanueva e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes mañá mércores as 20 h. na librería Cronopios de Santiago.
Sobre esta novela, o escritor e crítico literario Manrique Fernández dixo que Francisco Castro "se nos presenta neste relato máis sólido ca nunca, máis asentado e rigoroso. Os seus traballos anteriores deixan un excelente sabor de boca, diso non hai dúbida, pero nesta novela parece espirse por completo e acadar un grao de madurez indiscutible como contador de historias, que non deixará a ninguén indiferente".

Comparte nas túas redes sociais ou por email