O Espazo Libro será o lugar onde o xornalista Ramón Rozas manterá unha conversa con Antón Riveiro Coello arredor da súa nova novela, 'Os elefantes de Sokúrov'.
Sen dúbida, será unha conversa ben interesante pois, hoxe mesmo, no perfil de facebook do xornalista e crítico literario podía lerse "Fascinado polo libro de Antón Riveiro Coello 'Os elefantes de Sokúrov'…mágoa de que se remate….."