Como todos os anos Editorial Galaxia estará hoxe presente co seu stand en Culturgal, a feira anual da cultura galega que dende hoxe e ata o domingo se celebra en Pontevedra. O mundo editorial, audiovisual, musical, plástico, etc., ten una cita na vila do Lérez e, un ano máis, Galaxia estará presente co seus espazos de encontro, os seus autores e as súas novidades literarias.
Ademais do noso catálogo de fondo, este ano centrámonos en dous clásicos: un clásico recentemente desaparecido (Neira Vilas, do que presentamos súa derradeira entrega narrativa que el mesmo quería comentar co público: "Romaría de historias") e un clásico de sempre, Castelao, de quen relanzamos as "Cousas da vida" e "50 homes por dez reás".
Nas novidades: ensaio ("Tempos chegados?") e narrativa (Riveiro Coello, Arantza Portabales, Manuel Portas, Marcos Calveiro), gastronomía, fotobiografías, libros para os lectores máis novos, música (memoria especial para Manuel María), etc… Venres sábado e domingo, un mollo intenso de actividades para todas as idades e intereses.
Agardamos a vosa asistencia e a vosa participación.