Á sombra dos bonsais

Antón Riveiro Coello

Non sempre as grandes historias precisan de moitas palabras.

Velaquí o punto de partida desta nova achega narrativa de Antón Riveiro Coello, que propón un xogo literario para contarnos o mundo en textos cada vez máis miúdos. Nesta disposición en árbore, coas pólas baixas máis grandes cás do cumio, os relatos vanse reducindo en extensión pero non en intensidade. Ese é un dos maiores engados do libro, a eficacia coa que o autor da Limia elabora historias enormes coa suxestión de textos a cada volta máis pequenos. Esa capacidade de concentración expresiva dos relatos, que xa nacen no título, remata case sempre con finais que provocan en quen le un sorriso, ou un abraio. Orixinalidade, concisión e un pulso coa narrativa curta que anima a ler o libro dunha sentada.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 212
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 03/10/2017
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-073-4
  • Edición : 1ª ed. 1ª impr.
  • Nº na colección : 362
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

A retranca. Un intento de clarificaciónFélix Caballero Wangüemert
Dos meus recordosManuel García Barros
EnredosManuel García Barros

Autor/a

Riveiro Coello, Antón
(Xinzo de Limia, 1964). É un dos autores de máis prestixio da narrativa galega actual e, entre a súa obra, traducida a varias linguas, destaca Valquiria (1996), Premio Camilo José Cela; Parque Central e outros relatos (1996); A historia de Chicho Antela (1997); A quinta de Saler (Galaxia, 1999), Finalista Premio Torrente Ballester; Animalia (Galaxia, 1999), Premio Café Dublín; As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000), Premio García Barros; Homónima (Galaxia, 2001), Premio Álvaro Cunqueiro; Cartafol do Barbanza (2002); A esfinxe de amaranto (Galaxia, 2003); Limaiaé (2005); Casas Baratas (Galaxia, 2005); A voz do lago (Galaxia, 2007), Os ollos de K (Galaxia, 2007), Finalista Premio Novela Europea Casino de Santiago; As pantasmas de auga (2010); Laura no deserto (Galaxia, 2011), Premio da Crítica Española, Premio de Narrativa da AELG e Premio Frei Martín Sarmiento; Acordes náufragos (Galaxia, 2013); Os elefantes de Sokúrov (Galaxia, 2015), Premio Fervenzas Literarias; A ferida do vento (Galaxia, 2016), Premio Frei Martín Sarmiento; Á sombra dos bonsais (Galaxia, 2017); e O paraiso dos inocentes, Premio Torrente Ballester 2019 (Galaxia, 2020).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR