Manuel Portas e Antón Riveiro Coello presentaron os seus libros

Categoría: Nova

LOURENÇO, XOGRAR e OS ELEFANTES DE SOKÚROV son dúas das novelas que publicamos co remate do ano e que están a coñecer o favor das lectoras e lectores que enchen as presentacións nos distintos lugares do país onde se celebran.
Onte, a novela de Manuel Portas, premio Manuel García Barros 2015, presentouse na Coruña na compaña da escritora Mercedes Queixas Zas e o do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Pola súa banda, Antón Riveiro Coello facía o propio coa súa en Gondomar, na compaña de Carlos Meixome.
No noso blogue podes acceder a unha galería fotográfica da xornada.

Comparte nas túas redes sociais ou por email