Estás aquí:

Código: 2679

A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia

30,10 € IVE INCLUIDO
Premio Gourmand World Cookbook Award 2010 na categoría Best Wine History Book
Relato histórico dunha das facetas da experiencia colectiva dos galegos, este libro incorpora, dun xeito novidoso, a tradición enogastronómica e literaria conxugándoa coa sensibilidade popular e a memoria viva da cultura do viño en Galicia. Como achegamento á historia cultural do viño en Galicia, A rosa do viño é un traballo de investigación histórica que emprega fontes en boa parte inéditas. Relata con rigor unha faceta relevante da experiencia colectiva dos galegos para constatar a realidade dun ethos étnico, patente no modo enxebre de beber. E analiza o tránsito da bebida comunitaria a unha concepción individualista do xeito de beber.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 492
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 19/02/2010
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-252-9
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Castro Pérez, Xavier
Xavier Castro

(Cangas, 1954) impartiu docencia nas Universidades de Santiago e Rennes, e na École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París. Dirixiu proxectos de investigación histórica e asesorou pezas audiovisuais e series televisivas. É membro da comisión científica da Fundación Dieta Atlántica. Entre as súas publicacións destacan: A lume manso (Galaxia, 1998), Ayunos y yantares (Premio Nacional de Gastronomía 2001), A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia (Galaxia, 2010), A mesa e manteis (Premio Gourmand World Awards 2010), Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Século XIX e XX (Galaxia, 2019. Premio de Investigación Ferro Couselo) e Cociñeiras con talento. Mulleres e gastronomía en Galicia (2023), entre outros. Recibiu o Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015 polo seu labor como investigador e divulgador da historia da alimentación en Galicia.

Foto do autor © Augusto Rodríguez

As súas obras

A lume manso. Estudios sobre historia social da alimentación
lume manso
22.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A ARTE DE NON MORRER. ANTROPOLOXÍA DA LONXEVIDADE GALEGA
A arte de non morrer
23.50€ CON IVE
A arte do imposible
arte
26.10€ CON IVE
A condición homosexual
foto
24.20€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
29.35€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
22.00€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
25.55€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
31.80€ CON IVE