Este venres a nosa editorial presentará dous dos seus libros máis recentes.
Por unha banda, presentaremos O FRADE DAS DÚAS ALMAS de Xosé Tobío Mayo ás 20 horas no Centro Sociocultural- Casa da Sociedade, en Esteiro (Muros). Neset acto participarán o alcalde de Muros Domingos Dosil Cubelo, Víctor Campio Pereiro, que recuperou o texto e prologa o libro, Teresa López, encargada da edición, a neta do autor, Ana Tobío, profesora da Universidade de Florencia, e Carlos Lema, director literario de Galaxia.
Por outra parte, tamén o venres celebrarase a presentación de 'A rosa do viño' de Xavier Castro, ás 20.30 na Feira do Libro de Cangas, coa participación de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Estro Montaña, crítico literario, e o autor.
Será unha boa maneira de encetar a fin de semana antes do Festigal de Compostela, onde a nosa editorial tamén celebrará distintos actos que podes consultar na sección de 'Axenda' desta web.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR