Presentación de UN HOME IMPUNTUAL, de Pepe Cáccamo e Manuel Pizcueta

Categoría: Nova

Este xoves, e dentro do marco das actividades paralelas da Feira do Libro de Cangas, Pepe Cáccamo presentará o seu novo libro, 'Un home impuntual' na compaña de Manuel Pizcueta, ilustrador da obra, e Francisco Castro, editor do libro.
O volume, ilustrado por Manuel Pizcueta, é unha reflexión arredor do tempo, dende o humor e a retranca, a partir dun personaxe que ten a enorme "virtude" de chegar sempre tarde a todas partes.
Cáccamo atrévese así a propoñernos unha historia arredor das tiranías dos reloxos, o destino e a liberdade que o artista Manuel Pizcueta foi quen de convertir nunha proposta plástica chea de luz e elegancia.
Sen dúbida, este 'Un home impuntual' está chamado a ser, puntualmente, un dos álbums ilustrados máis sorprendentes do ano.

Comparte nas túas redes sociais ou por email