Presentación en Tui de A ABELLA ABESULLONA

Hoxe venres, ás 20.00 h, no Museo Municipal (antigo Convento de San Domingos) de Tui, o escritor Manuel Janeiro presenta o seu último libro, 'A abella abesullona', acompañado por Xulio Amigo, director comercial de Galaxia. Con este libro, Manuel Janeiro sigue profundando nunha literatura que, sen renunciar á poesía, é quen de facernos pensar, a […]

A COCIÑA DE LARPEIROS en Ourense

Hoxe xoves, ás 20 horas e no marco da Feira do Libro de Ourense, literatura e cociña daranse a man no acto de presentación de 'A cociña de Larpeiros' de Benigno Campos a cargo do escritor verinense Xosé Carlos Caneiro. O libro do cociñeiro galego está a ser un dos máis vendidos da Feira. Así […]

Presentación de UN HOME IMPUNTUAL, de Pepe Cáccamo e Manuel Pizcueta

Este xoves, e dentro do marco das actividades paralelas da Feira do Libro de Cangas, Pepe Cáccamo presentará o seu novo libro, 'Un home impuntual' na compaña de Manuel Pizcueta, ilustrador da obra, e Francisco Castro, editor do libro. O volume, ilustrado por Manuel Pizcueta, é unha reflexión arredor do tempo, dende o humor e […]

Fin de semana de presentacións

Este venres a nosa editorial presentará dous dos seus libros máis recentes. Por unha banda, presentaremos O FRADE DAS DÚAS ALMAS de Xosé Tobío Mayo ás 20 horas no Centro Sociocultural- Casa da Sociedade, en Esteiro (Muros). Neset acto participarán o alcalde de Muros Domingos Dosil Cubelo, Víctor Campio Pereiro, que recuperou o texto e […]