A praia dos afogadosDomingo VillarFinalista do International Dagger Prize 2011 Premio Frei Martín Sarmiento 2011 na categoría de adultos Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009 Premio Losada Diéguez de Creación Literaria Premio Brigada 21 de novela negra Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos esta apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo. A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos. Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasDomingo Villar en Vigo2009-07-17 09:29:31 Domingo Villar, o autor do verán2009-11-30 10:05:46 Dous novos recoñecementos para Domingo Villar2010-01-11 10:03:03 Presentación de A PRAIA DOS AFOGADOS en Nigrán2010-02-04 13:12:02 'A praia dos afogados' cada vez máis internacional2011-06-28 10:54:34 Os mellores de 20092011-06-28 10:54:34 'A praia dos afogados' finalista do Arcebispo San Clemente2010-05-20 09:40:29 'A praia dos afogados' é o Libro do Ano2011-06-28 10:53:23 Novo premio para 'A praia dos afogados'2011-06-28 10:53:23 Entrega do premio Losada Diéguez a Domingo Villar2011-06-28 10:51:44 Novo premio para Domingo Villar2010-11-04 13:01:46 Libros predilectos polos máis novos e novas2011-02-04 15:00:14 Quinta edición para 'A praia dos afogados'2011-05-04 14:03:38 Dobre recoñecemento para Domingo Villar2011-09-29 14:58:59 Comezan os Roteiros de 'A praia dos afogados'2012-08-07 12:46:09 «A praia dos afogados» rodarase a partir de Semana Santa2014-02-06 09:39:32 Hoxe preestréase A PRAIA DOS AFOGADOS2015-09-29 11:24:16 Estrea de A PRAIA DOS AFOGADOS2015-10-13 08:38:20 Sétima edición para A PRAIA DOS AFOGADOS2016-01-11 08:53:51 'A praia dos afogados' nominada aos Mestre Mateo2016-03-17 09:03:04
Actividades relacionadasSinatura de DOMINGO VILLAR na Fnac2009-06-09 19:30:00 Sinatura de Domingo Villar na Casa do Libro de Vigo2009-06-10 19:00:00 Domingo Villar na Feira do Libro de Vigo2009-07-16 20:00:00 Sinatura de Domingo Villar en Sanxenxo2009-08-19 20:00:00 Presentación de A PRAIA DOS AFOGADOS en Nigrán2009-11-24 20:30:00 Roteiro de A PRAIA DOS AFOGADOS2009-11-23 10:00:00 Roteiro de A PRAIA DOS AFOGADOS2010-04-12 10:30:00 Roteiro de A PRAIA DOS AFOGADOS2010-04-22 11:00:00 Roteiro de A PRAIA DOS AFOGADOS2010-04-29 11:00:00 Roteiro de A PRAIA DOS AFOGADOS2010-06-01 20:00:00 Entrega do premio Losada Diéguez a Domingo Villar2010-06-12 13:00:00 Domingo Villar no Imaxina Sons 20102010-06-30 20:00:00
Novidades
| |||||||||||
|