'A praia dos afogados' nominada aos Mestre Mateo

Categoría: Nova

Onte, a Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer os nominados, nas distintas categorías, aos Premios Mestre Mateo deste ano. Na categoría de Mellor Longametraxe, a película producida por Foresta Films, Milou Films e Tornasol Films, e baseada na novela publicada pola Editorial Galaxia, 'A praia dos afogados' de Domingo Villar, resultou escollida na categoría de Mellor Longametraxe. Terá que competir con 'Las altas presiones', 'Lobos sucios' e 'O descoñecido'.
A gala de entrega dos premios celebrarase o vindeiro 23 de abril no Pazo da Ópera de A Coruña.

Comparte nas túas redes sociais ou por email