Quinta edición para 'A praia dos afogados'

Categoría: Nova

Estes días está a chegar ás librerías de todo o país a quinta edición de 'A praia dos afogados', a segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, creado polo escritor Domingo Villar.
A novela está a colleitar, pois, un éxito impresionante entre o público lector galego. E non só, pois xa son moitas as traducións deste libro que, como 'Ollos de auga', o primeiro da saga, leva todo o camiño de se converter nun dos libros do ano a nivel internacional.
Sen dúbida, unha nova máis que boa para a literatura galega, e a demostración de que as nosas letras gozan dunha calidade e dunha proxección impresionantes e á altura do resto das literaturas da nosa contorna.
Domingo Villar segue a traballar nun novo episodio das aventuras de Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez. Xa non haberá que esperar moito.

Comparte nas túas redes sociais ou por email