Os mellores de 2009

Categoría: Nova

Esta semana a web 'Fervenzas Literarias', un dos lugares de referencia no que á literatura galega se refire, fixo públicos os resultados das votacións dos seus lectores e lectoras á pregunta de cales foran os mellores libros do ano pasado.
A nosa editorial recibe galardóns en varias categorías, e tres primeiros premios. Por unha banda, Carlos Mella resultaba escollido como o mellor do ano pasado na categoría de 'Mellor libro de ensaio para adultos' polo seu 'Memorias dun ninguén'. Como 'Autor do ano', Domingo Villar fíxose co favor do público e, na categoría de 'Mellor libro infantil', o 'Chamádeme Simbad' de Francisco Castro gañaba o primeiro premio.
Sen dúbida, un premio concecido por lectores e lectoras, aos que os autores non se presentan é un goce para calquera. Estes recoñecementos impulsan á nosa editorial a seguir mantendo unha liña de calidade editorial e de excelencia á hora de propoñer autores e textos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email