A colección Guías de Editorial Galaxia achégase á cultura fluvial en Galicia da man de Xosé Lois Ripalda, un dos escritores galegos que mellor coñecen a cultura popular de nós. O libro O país dos mil ríos fornece unha descrición xeográfica das principais cuncas fluviais galegas e é un compendio de todo o que os ríos simbolizan na cultura galega. Desde as lendas, as festas e a literatura ata a cultura da auga e o patrimonio artístico.
Unha guía sobre os ríos de Galicia, o país dos mil ríos, ten que ter como característica principal a capacidade de síntese. Trátase de introducir o lector na realidade asociada aos ríos coa pretensión de descubrir un territorio e unha paisaxe desde varias perspectivas ao tempo que se crea conciencia para a súa conservación e posta en valor. Descubrir todos os atractivos dos ríos galegos para presentalos como un todo cun interese cultural específico.