Novo premio para 'A praia dos afogados'

Categoría: Nova

Onte soubemos que o premio Losada Diéguez, no seu apartado de Creación Literaria recaeu na novela A praia dos afogados, de Domingo Villar. Este galardón chega así ao seu vixésimo quinto aniversario premiando unha das novelas máis recoñecidas dos últimos tempos.

Os integrantes do xurado valoraron da novela de Villar 'a súa excelente construcción narrativa, que desenvolve unha trama chea de ritmo'.

Domingo Villar recibirá 6.000 euros e un diploma, nun acto previsto no pazo da familia Losada, en Moldes, o vindeiro sábado 13 de xuño.

Comparte nas túas redes sociais ou por email