A novela de Domingo Villar, 'A praia dos afogados' é unha das tres finalistas da XVI EDICIÓN do Premio Literario ARCEBISPO JUAN DE SAN CLEMENTE que premia anualmente aos mellores libros publicados o ano anterior segundo un dos criterios máis excelsos e interesantes para un escritor: os lectores máis novos. A novela está a seguir a estela exitosa da súa predecesora 'Ollos de auga'.
Os outros dous libros seleccionados como finalistas, cos que competirá o inspector Leo Caldas son 'O cabo do mundo', de Xabier Quiroga, e 'Areaquente', de An Alfaya.
Organizado polo Instituto Rosalía de Castro, o Premio está dotado con 9.000 euros e recoñece a mellor novela do ano en cada modalidade, elixida por alumnos de Bacharelato.