Presentación de JAN ESTIVO ALÍ en Ferrol

Hoxe, o escritor Xosé A. Neira Cruz presentará, acompañado do director xeral de Galaxia Víctor F. Freixanes e o ilustrador David Soler, o seu novo libro Jan estivo alí co que, ademais, a nosa editorial inicia unha nova colección: Árbore Arte. Estamos diante dun libro de gran formato, no que arte e literatura van da […]

No aniversario de Rosalía de Castro

Onte estivo de aniversario Rosalía de Castro, o que quere dicir que, dalgunha maneira, todos o estamos. O noso Rexurdimento literario arranca con ela, cos seus versos na lingua nosa que, a día de hoxe, siguen máis vivos ca nunca. A poesía de Rosalía de Castro sempre foi, pero hoxe tamén, un exemplo de completa […]

Forcadela e Monteagudo, finalistas nos premios da AELG

Esta fin de semana, a Asociación de Escritores en Lingua Galega fixo públicos os libros finalistas para os seus premios anuais. Catro libros da Editorial Galaxia atópanse no listado dos finalistas. O fallo, o vindeiro 17 de abril durante a tradicional Cea das Letras. O libro de Manuel Forcadela, 'A mecánica da maxia. Ficción e […]

Día Internacional da Lingua Materna

Este domingo 21 de febreiro celebrarase en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Materna. Daquela, unha xornada (unha máis) na que os galegos e as galegas estamos novamente chamados a facer un exercicio de fe arredor da nosa fala que é, tamén, o noso sangue máis vivo. O Parlamento de Galicia ven de […]

Un símbolo necesario

Estes días chegará ás librerías de toda Galicia o novo ensaio de Victorino Pérez Prieto, 'Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario'. Estamos diante dun percorrido pola historia dun símbolo necesario para a construción da identidade galega. O autor abordou un achegamento científico á figura de Prisciliano, e a súa relevancia para a cultura galega, […]

Galaxia en Twitter

Primeiro foi a web. Despois, o blog. Máis tarde, o facebook (vamos camiño dos 600 amigos), e agora, Twitter, unha das redes sociais, sen dúbida, máis potentes de todas cantas existen, na medida en que permite unha comunicación moi directa e moi eficaz cos "seguidores" que decidan acompañarnos. Microblogueo en 120 caracteres para dicir, precisamente, […]

Pesadelo no tren Chocolate

Fina Casalderrey, unha das máis grandes voces da nosa Literatura Infantil e Xuvenil ven de publicar na nosa colección Árbore 10 anos unha nova obra, 'Pesadelo no tren Chocolate'. Nesta nova obra, Fina Casalderrey aborda un tema mítico na historiada literatura: a primeira viaxe en tren. Tal é o que van facer Iria e o […]

A distancia que vai do Courel a Compostela

Neste ano que se dedica a Uxío Novoneyra serán moitas as novidades que cheguen aos andeis das líbrerías de Galicia para revisitar a figura e a obra do poeta do Courel. Na Editorial Galaxia, como xa informamos a comezos de xaneiro, temos xa ás portas algunhas publicacións que esperamos sexan de referencia para os tempos […]