Primeiro foi a web. Despois, o blog. Máis tarde, o facebook (vamos camiño dos 600 amigos), e agora, Twitter, unha das redes sociais, sen dúbida, máis potentes de todas cantas existen, na medida en que permite unha comunicación moi directa e moi eficaz cos "seguidores" que decidan acompañarnos. Microblogueo en 120 caracteres para dicir, precisamente, o que cómpre dicir.
Dende hoxe mesmo, iremos verquendo a realidade do noso día a día no Twitter. E, coma sempre, desexando escoitar as vosas propostas e todo o que queirades comentarnos, tamén, a partir desta nova maneira de falar.
O século XXI está aquí. Nós, con el.