Escoller onde buscar

Forcadela e Monteagudo, finalistas nos premios da AELG

Categoría: Nova

Esta fin de semana, a Asociación de Escritores en Lingua Galega fixo públicos os libros finalistas para os seus premios anuais. Catro libros da Editorial Galaxia atópanse no listado dos finalistas. O fallo, o vindeiro 17 de abril durante a tradicional Cea das Letras.
O libro de Manuel Forcadela, 'A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro' e o de Henrique Monteagudo, 'As razóns do galego. Apelo á cidadanía' son finalistas na categoría de Mellor Ensaio. No apartado de tradución, 'O museo da inocencia', de Orhan Pamuk, en tradución de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos, e a
'Obra dramática completa', de Sarah Kane, en tradución de Manuel F. Vieites, aspiran a ser un dos elexidos, polos socios e socias da AELG, como o mellor libro traducido do ano.
Entre os aspirantes a facerse cun dos galardóns, no apartado de Mellor Blog Literario, o escritor e Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro, figura como finalista coa súa bitácora 'A Canción do Náufrago'.

Comparte nas túas redes sociais ou por email