A distancia que vai do Courel a Compostela

Categoría: Nova

Neste ano que se dedica a Uxío Novoneyra serán moitas as novidades que cheguen aos andeis das líbrerías de Galicia para revisitar a figura e a obra do poeta do Courel.
Na Editorial Galaxia, como xa informamos a comezos de xaneiro, temos xa ás portas algunhas publicacións que esperamos sexan de referencia para os tempos futuros cando de comprender a Novoneyra se trate.
Así, por unha banda, o escritor Antón Lopo é o autor dunha biografía que estará na rúa nun par de semanas e que levará por título 'A distancia do lobo'. Despois do bo sabor de boca que nos deixara co seu traballo sobre Lorenzo Varela, este novo título do poeta e xornalista está chamado a ser unha das grandes obras de referencia sobre a vida e obra de Novoneyra.
Por outra banda, a nosa editorial prepara tamén unha reedición do volume no que o escritor compilou a poesía de tinxe político, 'Do Courel a Compostela'.
Será un ano para notar o recento profundo da neve do Courel, para volver a pasear polos máis altos cumios coas amigas albas e delgadas das que nos falou Uxío.

Comparte nas túas redes sociais ou por email