Galaxia publica “Somos Hip Hop”, un roteiro polo movemento urbano

Nada nos limita. Podemos cantar fóra de ton. Podemos samplear a Tchaikovsky. Podemos falar de cordóns de zapatos se queremos… Con esta cita de Looking For The Perfect Beat, comeza Somos Hip-Hop. Fudamentos do breaking, rap, graffiti, turntablism e beatbox , de Pablo Castiñeira Olveira e David Brey Vázquez. Toda unha declaración de intencións que pon o […]
Un novo libro de Carlos Negro, en Galaxia

Chega as librarías estes días o primeiro libro en Editorial Galaxia de Carlos Negro e Raquel Senra. Un libro alfaia, un libro obxecto, onde forma e fondo van da man, como o fan os textos de Carlos Negro coas Ilustracións de Raquel Senra conformando unha simbiose perfecta nunha coidadísima edición. Carlos Negro, docente (Lalín 1970), […]
Presentación de “Lume”, no Porriño

O xoves 1 de xuño, celebrarase, ás 19 h, na Biblioteca do Porriño, a presentación do libro Lume, Premio Vidal Bolaño 2022, de José Luis Baños de Cos. Acompañando o autor, estarán o alcalde do Concello do Porriño, Alejandro Lorenzo Alonso, Raquel Castro, secretaria do xurado do premio, e Francisco Castro, director xeral de Editorial […]
Manolo González gaña o Premio Losada Diéguez por “Nos días encantados de agosto”

Recibe o galardón na categoría de Ensaio e Investigación. A XXXVIII edición do Premio Antón Losada Diéguez, un certame literario que convoca de forma anual xunto ao Concello de Boborás, e que elixiu como obra gañadora, na categoría de Ensaio e Investigación “Nos días encantados de agosto. Jnha biografía de José Gil”, de Manolo González. […]
Paula Carballeira gaña o Premio Follas Novas na categoría de Teatro

Paula Carballeira gañou na tarde do sábado 22 de abril, véspera do Día do Libro, o Premio Follas Novas na categoría Teatro pola súa obra “As alumnas”, publicada na colección Teatro de Editorial Galaxia. Esta obra, que foi escrita a partir dunha proposta de Fran Rei como representante de Culturactiva, reflicte o que significou o […]
Presentación de “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina. (1805 – 1872)”, en Santiago de Compostela

O mércores 22 de febreiro, celebrarase, ás 19 h, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a presentación de Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805 – 1872), de Xosé Ramón Veiga. Acompañando o autor, estarán Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. […]
Rolda de prensa arredor de “José Gil. Pontevedra provincia de cine, na orixe do cinema”, en Vigo

O martes 14 de febreiro, celebrarase, ás 12:30 h, no MARCO de Vigo, un acto que leva por título “José Gil. Pontevedra provincia de cine, na orixe do cinema”. Intervirán, Manolo González, autor de “Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil”; Abel Caballero, alcalde de Vigo; Carmela Silva, presidenta da Deputación de […]
Axudas Europeas
Esta empresa foi beneficiaria dunha axuda Re-acciona. Operación cofinanciada pola Unión Europea programa operativo FSE Galicia 2014-2020. Contratación xestores de internacionalización: (IG166). Como apoio ao proceso de internacionalización da empresa Editorial Galaxia ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do lgape para a contratación dun xestor, ao abeiro da […]