Recibe o galardón na categoría de Ensaio e Investigación.
A XXXVIII edición do Premio Antón Losada Diéguez, un certame literario que convoca de forma anual xunto ao Concello de Boborás, e que elixiu como obra gañadora, na categoría de Ensaio e Investigación “Nos días encantados de agosto. Jnha biografía de José Gil”, de Manolo González.
O xurado destacou “a gran calidade dos traballos presentados” este ano.
Nun acto celebrado na mañá do sábado no salón de plenos do Concello de Carballiño, acordouse por unanimidade outorgar o premio a González por un libro que da a coñecer a vida e obra dun artista ata agora descoñecido: o fotógrafo e cineasta José Gil. “A súa escritura é casi novelesca, policiaca, divertida e moi amena, así como a súa orixinal aportación á historia da fotografía, o cine e o audiovisual galego”, destacan dende o xurado.
Manolo González. Dende que era o axudante adolescente do seu pai na cabina do cinema Avenida da Rúa (Ourense), viviu na mocidade fascinado e enleado polo universo cinematográfico a través da participación en varios cineclubs. Profesionalmente encetou coas primeiras experiencias de cine e vídeo nas aulas en 1982. En 1984 foi responsable da Area de Cine e Cídeo na Dirección Xeral de Cultura de Luís Álvarez Pousa, organizando as primeiras axudas públicas ao audiovisual galego e a posta en marcha do Arquivo da Imaxe de Galicia. Traballou nas áreas de realización e produción en curtametraxes e programas da TVG dos anos oitenta. Creador e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña (1990-1998), participou activamente na investigación e catalogación do galego e a memoria audiovisual da emigración, con publicacións e traballos de campo an Arxentina, O Uruguai, México e Cuba. Entre outros, publicou Documentos para la Historia do cine en Galicia (1970-1990), así como colaboracións en libros colectivos, folletos e artigos, nomeadamente sobre política e patrimonio audiovisual, cinema da emigración e formación audiovisual. Foi director de desenvolvemento da produtora de animación Dygra Filmes (2004-2005) e creador e director da Axencia Audiovisual Galega, da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia (2005-2009) e profesor de produción na facultade de Comunicación da Universidade de Vigo e no MPXA (Máster de produción e xestión audiovisual), na actualidade, exerce como profesor de Historia de España e Cultura audiovisual no IES Concepción Arenal de Ferrol, mentres segue a participar no encontro de cineastas Chanfainalab en San Sadurniño (2014-2022).
Na categoría de Creación Literaria, foi premiada Moncha Fuentes por “O tradutor de sombras” (Xerais).