Estás aquí:

Código: 18526

Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil

26,00  IVE INCLUIDO

Premio Antón Losada Diéguez de Ensaio 2023

Nos días encantados de agosto é unha viaxe apaixonada na procura do ronsel esquecido do iconauta José Gil, o auténtico precursor do cinema galego, quen filmou Galicia todos os agostos entre 1910 e 1934. O seu labor pioneiro pode explicar o devalar de fitos fundacionais da nosa cinematografía: os comezos do pictorialismo, o reporteirismo fotográfico, o nacemento do cine ficcional e documental en Galicia, as primeiras marcas produtoras e laboratorios cinematográficos, o cine industrial e turístico, a relación con Portugal, o cine educativo, etnográfico e científico e tantas outras achegas do cineasta de Rubiós (As Neves) a prol da exaltación do país que tanto amaba.
Un home que tentou construír Galicia dende posicións de progreso e modernidade nunha sociedade que tardou demasiado tempo en comprender a transcendencia dun cinema propio e a necesidade de conservalo como patrimonio imprescindíbel do imaxinario colectivo.

Para unha historia do cinema en lingua galega

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 474
Deseño: Rústica
Data Publicación: 24/11/2022
Dimensións 135 x210 mm.
Colección: Pantallas
Nº na colección: 5
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-942-3
Observacións:

AUTORES/AS

González, Manolo
Manolo-Gonzalez

Dende que era o axudante adolescente do seu pai na cabina do cinema Avenida da Rúa (Ourense), viviu na mocidade fascinado e enleado polo universo cinematográfico a través da participación en varios cineclubs. Profesionalmente encetou coas primeiras experiencias de cine e vídeo nas aulas en 1982. En 1984 foi responsable da Area de Cine e Cídeo na Dirección Xeral de Cultura de Luís Álvarez Pousa, organizando as primeiras axudas públicas ao audiovisual galego e a posta en marcha do Arquivo da Imaxe de Galicia. Traballou nas áreas de realización e produción en curtametraxes e programas da TVG dos anos oitenta. Creador e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña (1990-1998), participou activamente na investigación e catalogación do galego e a memoria audiovisual da emigración, con publicacións e traballos de campo an Arxentina, O Uruguai, México e Cuba. Entre outros, publicou Documentos para la Historia do cine en Galicia (1970-1990), así como colaboracións en libros colectivos, folletos e artigos, nomeadamente sobre política e patrimonio audiovisual, cinema da emigración e formación audiovisual. Foi director de desenvolvemento da produtora de animación Dygra Filmes (2004-2005) e creador e director da Axencia Audiovisual Galega, da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia (2005-2009) e profesor de produción na facultade de Comunicación da Universidade de Vigo e no MPXA (Máster de produción e xestión audiovisual), na actualidade, exerce como profesor de Historia de España e Cultura audiovisual no IES Concepción Arenal de Ferrol, mentres segue a participar no encontro de cineastas Chanfainalab en San Sadurniño (2014-2022).

As súas obras

Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil
9788491519423
26.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Pantallas

Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil
9788491519423
26.00€ CON IVE
Para unha historia do cinema en lingua galega. De illas e sereas
9788491514886-1
21.20€ CON IVE
Para unha historia do cinema en lingua galega. A foresta e as árbores
9788491513353
21.65€ CON IVE
Lume na periferia. Para unha historia do cinema en lingua galega.
9788491517665-1
21.20€ CON IVE
Para unha historia do cinema en lingua galega. Marcas na paisaxe
para-unha-historia-do-cinema
21.20€ CON IVE