Estás aquí:

Código: 2438

Para unha historia do cinema en lingua galega. De illas e sereas

21,20  IVE INCLUIDO

"Para unha historia do cinema en lingua galega, 1, 2 e 3" é a proba fáctica do noso "desexo de comunidade"

tal e coma Jacques Rancière observa determinados acontecementos contemporáneos que queren ocupar a esfera pública, evitar o seu aniquilamento.

E a creación en calquera soporte, linguaxe ou formulación, é un deses acontecementos. Mais tamén constata a existencia da devandita "comunidade electiva", na feliz distinción de Maurice Glanchot, que nos leva a considerar o cinema en lingua galega como un deses "momentos estelares" da cultura de noso en que o fai propio para partillar coa humanidade unhas obras nas que o real, o maxinario e o modo de contalo nos configuran. A serea é esa imaxe que guía a sorte do vaixel no mascarón de proa; é a cariátide voandeira que exhibe os seos na capela do Salvador da catedral de Santiago; é a esfinxe de cabelos alados que Castelao soñou como escudo de Galiza canda o lema "denantes mortos que escravos", é a serea que se fundiu cun lobo da illa Lobeira e dela emerxeron as rendas de Camariñas, a que se uniu ao cabaleiro de Roncesvalles e deu orixe á saga dos Mariño, navegantes até mais aló de Chile, a que chega de lonxe mais nunca é estranxeira. Desexo de seras e, xa que logo, ese zume no noso imaxinario que nos fai ir alén e amar o cinema en lingua galega. Aínda que no luscofusco a figura deveña ambigua, por veces ríspeta e ameazadora, nós imos termar sempre desa lanchiña de papel onde os filmes poidan, contra vento e marea, navegar de illa en illa. Unha presada de investigadoras e investigadores de diferentes xeracións e con miradas distintas, do Grupo de Estudos Audiovisuais e tamén de fóra, tecemos este relato ao redor dun mundo que se chama cinema á marxe de servidumes académicas e dende a crítica aos modos obsoletos de pensar nas películas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 252
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Pantallas
Nº na colección: 3
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-488-6
Observacións:

AUTORES/AS

Ledo, Margarita
marga

Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951) é cineasta, escritora e Catedrática de Comunicación Audiovisual da USC.
Bibliotecaria da RAG dende Abril de 2013.

As súas obras

A cicatriz branca
A cicatriz branca
21.75€ CON IVE
VV.AA.

As súas obras

Grial 189
189
12.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Pantallas

Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil
9788491519423
26.00€ CON IVE
Para unha historia do cinema en lingua galega. De illas e sereas
9788491514886-1
21.20€ CON IVE
Para unha historia do cinema en lingua galega. A foresta e as árbores
9788491513353
21.65€ CON IVE
Lume na periferia. Para unha historia do cinema en lingua galega.
9788491517665-1
21.20€ CON IVE
Para unha historia do cinema en lingua galega. Marcas na paisaxe
para-unha-historia-do-cinema
21.20€ CON IVE