Un ano para celebrar e compartir novas historias

Desde Editorial Galaxia queremos desexarvos o mellor para este 2025, un ano moi especial en que conmemoramos o noso 75 aniversario con espectáculos, actividades e moitas sorpresas. Que este novo ano veña cargado de saúde, ilusión e boas lecturas. O tarxetón rende homenanxe ás protagonistas no Día das Letras Galegas deste ano, as Cantareiras. Quixemos […]
Galaxia publica “Sábeme a salamántiga o ceo da boca”, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2023

Publicado na colección Literaria, chega ao catálogo da editorial Sábeme a salamántiga o ceo da boca, XXXV Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2023, de César Cequeliños. Ano 1905. A estraña parella composta por Ícaro Añón, mozo xornalista afincado en Lisboa, e Madame Dax, especialista estadounidense do oculto, encaran un misterio que enfronta o […]
Galaxia inaugura a colección Biblioteca Xavier Alcalá

A capital do mundo, de Xavier Alcalá, é a obra encargada de inaugurar a colección bautizada co nome do autor. Esta é a segunda biblioteca creada, despois da Biblioteca Xosé Neira Vilas, dun autor vivo. Esta publicación, sitúa ás lectoras e lectores en 1957. Un adulterio ferinte, un amor tolo, imposible, son os encargados de […]
Entréganse os premios do Reto Lector 2024

Elena Corbacho, natural de Vigo, gañou esta cuarta edición da campaña de fomento da lectura promovida dende a Editorial Galaxia cun vídeo no que anima a ler As alumnas, Premio de Literatura Dramática, de Paula Carballeira. Declaráronse ademais outros dous vídeos finalistas. No día de onte, 17 de xullo, entregáronse na sede de Editorial Galaxia, […]
Xa está dispoñible o primeiro capítulo de “Economía e poesía: Rimas internas”, de Yolanda Castaño

Yolanda Castaño, unha das voces referentes da literatura galega, publica, en Editorial Galaxia, o seu primeiro libro de Ensaio, Economía e poesía: Rimas internas, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2023. A autora amosa, nesta publicación, unha gran capacidade para abrir debate arredor dun elefante na habitación: a profesionalización do mundo cultural e a necesidade de dignificar […]
Os textos máis vangardistas de Xosé Neira Vilas

Editorial Galaxia publica, na súa Biblioteca Neira Vilas, O home de pau, unha obra que amosa os textos máis vangardistas do autor de Gres. En 1988, Xosé Neira Vilas, daquela xefe de redacción de Zunzún, a revista infantil publicada en Cuba, deu cabo aos quince contos de O home de pau, escritos ao longo de 1988, e anos […]
Celebrando a Luísa Villalta

Editorial Galaxia organiza coa FNAC, con motivo do Día das Letras Galegas, unha homenaxe a Luísa Villalta nas cidades da Coruña e Vigo. Hoxe, martes 14 de maio, celebrarase, ás 17 h, na sede da cidade alta, vila na que naceu a homenaxeada no Día das Letras, unha intervención artística en directo coa ilustradora Sandra […]
Vémonos esta fin de semana, no Culturgal

Como cada ano, Editorial Galaxia participará na nova edición do Culturgal 2023, que se celebrará do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Cunha programación diversa, Galaxia estará ofrecendo unha gran variedade de eventos: conversas sobre as nosas últimas novidades, premios, encontros cos nosos autores e autoras, sinaturas… agardámosvos no noso […]