Celebrando a Luísa Villalta

Categoría: Uncategorized, Nova

Editorial Galaxia organiza coa FNAC, con motivo do Día das Letras Galegas, unha homenaxe a Luísa Villalta nas cidades da Coruña e Vigo.

Hoxe, martes 14 de maio, celebrarase, ás 17 h, na sede da cidade alta, vila na que naceu a homenaxeada no Día das Letras, unha intervención artística en directo coa ilustradora Sandra Lodi, que estará pintando en tempo real no escaparate da tenda.

O mércores 15 de maio, ás 10 h, na FNAC de Vigo, Diana Pastoriza e Uxío Broullón, pintarán en directo un deseño conxunto.

Ambas iniciativas organizan a súa proposta pictórica arredor dun verso da poeta. Esta acción pon en valor o legado da intelectual, unha reivindicación da aportación que Villalta fixo á nosa sociedade galega.

Sempre, Luísa.

Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004) poeta, narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga e violinista, deu ao prelo os poemarios Música reservada (1991), Ruido (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004). Da súa obra teatral destacan Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das esfinxes (1991) e As certezas de Ofelia (1999). Como narradora publicou Siléncio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001), e os ensaios O don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992) e Libro das colunas (2005), así como O outro lado da música, a poesía (1999), que agora ve a luz en Editorial Galaxia, ademais de traducións e colaboracións en revistas como Grial, A Trabe de Ouro, A Festa da Palabra Silenciada, Página Abierta, Mondo Lusofono e Tempos Novos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email