Un novo libro de Carlos Negro, en Galaxia

Categoría: Uncategorized

Chega as librarías estes días o primeiro libro en Editorial Galaxia de Carlos Negro e Raquel Senra. Un libro alfaia, un libro obxecto, onde forma e fondo van da man, como o fan os textos de Carlos Negro coas Ilustracións de Raquel Senra conformando unha simbiose perfecta nunha coidadísima edición.

Carlos Negro, docente (Lalín 1970), e un dos máis coñecidos autores de literatura galega con numerosos premios recibidos polas súas obras tanto no eido da poesía como da literatura xuvenil, recitador ambulante que leva anos percorrendo institutos de todos o país contándolle a rapazada que dentro de cada ser humano hai un verso que agarda por saír.

Neste O Tempo dos lagartos, Carlos Negro constrúe a través dos seus versos un relato e indagación da adolescencia, ese tempo de clausura da infancia e expectativa da madurez, ese tempo de conflitos e malas palabras que ás veces conforma unha espiral da que somo incapaces de saír.

Un libro, en fin, para todos os públicos, para as nais e os pais, onde se poden ver reflectidos nese tránsito doloroso da adolescencia dos seus fillos e fillas, mais tamén para eles, para os rapaces e rapazas, que están a sufrir ese proceso de cambio, de mutación, onde as casas énchense de silencios, de combates, de interrogantes, de monosílabos.

Este libro pode ser unha porta aberta a lectura compartida , entre uns e outros, un convite a recuperar esa comunicación esquecida cos maiores durante a adolescencia, a que todos nos comprendamos e de novo bailemos xuntos a esquecida melodía da mocidade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email