A fenda, as escamas, a metamorfose; este libro intenta ser un punto de sutura entre un tempo clausurado e unha expectativa de cambio; desa crise abrollan imaxes e palabras nun acto de supervivencia que transforma o amor nun dente de león a voar polo aire, porque medrar manca a pel, a casa, os adentros.
(Compostela, 1988) é ilustradora, tradutora e promove a lectura en bibliotecas e centros de ensino. O seu mundo xira ao redor do libro, os seus ollos de mar dialogan coa natureza e o seu camiñar compasa coa respiración do ar. Leva máis de dez anos acompañada da imaxe e da palabra, interpretando, reescribindo e medrando a través de realidades propias e alleas pois, no fondo, cre que cada persoa é unha colaxe de vivencias.
(Lalín, 1970) é docente e escritor. A través da poesía, leva case trinta anos a indagar sobre si mesmo e sobre o mundo que o rodea; alén diso, é un recitador ambulante que percorre os institutos contándolle á rapazada que dentro de cada ser humano hai un verso que agarda por saír.