Estas 4 pezas foron recollidas nesta edición facsimilar recollidas polo autor no volume Tetro completo, publicado por Edicións do Castro no ano 1982
Catedrático de Lingüística e Literatura Galega e escritor. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e doutor en Letras pola Universidade Central de Madrid. Foi o secretario do Seminario de Estudos Galegos e partillou os principios políticos do Partido Galeguista (1931). Foi membro da Real Academia Galega. A partir de 1970 foi o principal teorizador e defensor das teorías do reintegracionismo lingüístico co portugués como vía para a normalización do galego. Do seu traballo académico destacan a Historia da literatura galega contempóranea (1975) e mais Estudos rosalianos (1979). Como poeta, iniciouse en castelán con Trinitarias (1928) e La Soledad confusa (1931), para continuar en galego con Vieiros (1931) e O siléncio ajoellado (1934) ata a súa madurez en Anxo de Terra (1950). Como prosista abriu a xeira da novela galega da postguerra con A xente da barreira (1950, Premio Bibliófilos Gallegos). Tamén cultivou o xénero dramático de xeito continuado dende 1936, con obras como A sobra de Orfeu, 1948.
Dedicóuselle o Día Das Letras Galegas no 2020.