Estás aquí:

Código: 18831

Materiais do libro

“A música dos Valladares” – Partituras e letras

A música dos Valladares. Retratos de familia

15,00  IVE INCLUIDO

Na casa de Vilancosta (Berres, A Estrada) gardouse un tesouro en forma de textos musicais de distintos estilos e procedencias que pertenceron a varios membros da familia Valladares Núñez (Marcial, Avelina e Serxio).
Máis de cen anos da historia de Galicia, cen anos de música condensados entre os muros desta Casa Grande. Un legado de enorme valor.
Este proxecto pretende contar as historias que agochan esas antigas partituras e desvelar que se esconde tras das súas notas. Músicas que cobran vida de novo, nunha revisión actualizada e persoal, que nos achegan un pouco máis ao retrato do que foi a vida desta familia fidalga do val da Ulla, no seu decorrer “sentiño”.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 60
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 29/12/2023
Dimensións 135 x 245 mm.
Colección: Libros singuilares e fóra de colección
Nº na colección: 177
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-177-2
Observacións: Ilustracións de Hortensia Fernández

AUTORES/AS

Bernárdez, Pablo
Pablo Bernárdez

naceu no ano 1976 no lugar do Foxo, do Concello da Estrada. Actualmente vive e traballa en Moraña como mestre de música no CPI Santa Lucía. Comezou estudos de guitarra aos 17 anos, de par da carreira de Educación Musical en Santiago de Compostela. Foi fundador e membro de grupos como Cinemascope e Linho do Cuco, cos que editou os discos, Linho do cuco3Viva, viva! e As alegrías.

Estudou zanfona na Central Folque de Lalín, instrumento co que colaborou en varios proxectos, como Sanfonices (2011), disco homenaxe a Faustino Santalices. En 2019 participou no libro O Ribera de Louzarela, de Quique Estévez, da Central Folque. É membro do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso e participa como músico en producións da Escola Municipal de Teatro da Estrada, en proxectos como Moa Trío e Moa Dixie Band, e colabora cos grupos de música tradicional Combo Guimaralia e Gallega de Bailables.

En 2021 iniciou o Proxecto Valladares, xunto con Rubén Servide e Cibrán Seixo, para dar a coñecer a música da familia Valladares Núñez, que foi o xermolo deste libro.

As súas obras

A música dos Valladares. Retratos de familia
9788411761772
15.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Libros singuilares e fóra de colección

4 pezas. A sombra de Orfeo; Farsa das zocas; A arbre; Auto do prisioneiro
9788491514367
6.00€ CON IVE
A música dos Valladares. Retratos de familia
9788411761772
15.00€ CON IVE
A revolución vertical
a-revolucion-vertical
16.35€ CON IVE
Antes molabamos máis
9788411760560
29.95€ CON IVE
As aventuras de Pinoquio
9788411763400
16.40€ CON IVE
cando non sei volver
9788411761512
18.00€ CON IVE
Compostela, póla Florida
9788491519973
20.90€ CON IVE
Cousas de Farruco
9788411762274
16.30€ CON IVE