Bernárdez, Pablo

Pablo Bernárdez
Bernárdez, Pablo

naceu no ano 1976 no lugar do Foxo, do Concello da Estrada. Actualmente vive e traballa en Moraña como mestre de música no CPI Santa Lucía. Comezou estudos de guitarra aos 17 anos, de par da carreira de Educación Musical en Santiago de Compostela. Foi fundador e membro de grupos como Cinemascope e Linho do Cuco, cos que editou os discos, Linho do cuco3Viva, viva! e As alegrías.

Estudou zanfona na Central Folque de Lalín, instrumento co que colaborou en varios proxectos, como Sanfonices (2011), disco homenaxe a Faustino Santalices. En 2019 participou no libro O Ribera de Louzarela, de Quique Estévez, da Central Folque. É membro do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso e participa como músico en producións da Escola Municipal de Teatro da Estrada, en proxectos como Moa Trío e Moa Dixie Band, e colabora cos grupos de música tradicional Combo Guimaralia e Gallega de Bailables.

En 2021 iniciou o Proxecto Valladares, xunto con Rubén Servide e Cibrán Seixo, para dar a coñecer a música da familia Valladares Núñez, que foi o xermolo deste libro.

As súas obras

A música dos Valladares. Retratos de familia
9788411761772
15.00€ CON IVE