Presentación de “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina. (1805 – 1872)”, en Santiago de Compostela

Categoría: Uncategorized

O mércores 22 de febreiro, celebrarase, ás 19 h, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a presentación de Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805 – 1872), de Xosé Ramón Veiga.

Acompañando o autor, estarán Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.

É Juana de Vega (A Coruña, 1805-1872) unha muller tremendamente descoñecida para o gran público, coma tantas outras mulleres que dedicarona súa vida a construír unha sociedade mellor guiadas pola máxima de “cumplir co seu deber”, neste caso co seu país, coa memoria do seu marido, cos seus correlixionarios progresistas, cos nenos abandonados, cos pobres e enfermos, os perseguidos, os condenados e os faltos de educación formal.

Xosé Ramón Veiga. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor titular desa Universidade, achéganos, con rigor e profundidade, a figura dunha muller que viviu unha época e profundidade, a figura dunha muller que viviu nunha época convulsa, no política e no social, á que se enfrontou con fondas conviccións.

Comparte nas túas redes sociais ou por email