A OEPLI recoñece cinco títulos de Editorial Galaxia

Un total de cinco títulos de Editorial Galaxia foron seleccionados este ano no Catálogo de Literatura Infanil y Juvenil de España. Selección OEPLI 2022, unha escolma elaborada pola Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil xunto ás súas seccións territoriais, o Consejo General del Libro, ClijCat, Galtzagorri y Gálix, e en colaboración co Ministerio de Cultura […]

Fina Casalderrey recibirá a Letra E

A escritora Fina Casalderrey recibirá a homenaxe da asociación de escritores e escritoras galegas (AELG) este sábado 10 de xuño, na contorna de Ponte da Palabra. Instalarase un monolito de pedra cunha frase gravada por un canteiro,  tamén escollida pola propia autora de Xeve na que se amosará o seu amor pola cidade e polo […]

Galaxia recibe a visita do Presidente do Partido Cultural da Estrada en Bos Aires

Hoxe, na Editorial Galaxia, recibimos a visita de José Manuel Besteiro, Presidente do Partido Cultural da Estrada en Bos Aires; unha institución fundada o 23 de outubro de 1943, que este ano celebrará o seu 80º aniversario.  Besteiro representou a todas a todos os galegos emigrados que seguen tendo Galicia na mirada e no corazón. […]

Presentación de “O home que matou a Antía Morgade”, no Porriño

O venres 9 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, no Círculo Recreativo Cultural, no Porriño, a presentación de O home que matou a Antía Morgade, de Arantza Portabales. Acompañando a autora, estará o escritor Diego Giráldez. Unha das principais voces da escena ‘noir’ do país, volve a sorprendernos cunha nova entrega, ateigada de intriga e misterio. A […]

A Editorial Galaxia publica o novo libro de Xosé Cermeño

Coa novela Días felices con Fábia, a súa primeira publicación na colección Literaria, regresa Xosé Cermeño á editorial Galaxia. O escritor e creador de televisión, que foi director da primeira serie de ficción en galego (Os outros feirantes, TVG 1990) e creador da primeira telecomedia na TVG (Pratos Combinados 1995-2006), unha produción mítica no noso […]

Manuel Núñez Singala recibe o Premio Clubs de Lectura 2023

O escritor Manuel Núñez Singala foi galardoado co premio ‘Clubs de Lectura 2023’ por ser o escritor galego máis lido nas bibliotecas escolares durante o pasado curso. Trátase dun galardón que busca recoñecer o labor das autoras e dos autores de obra en galego que “facilitan” cos seus libros a función do profesorado como mediador de lectura e […]

Galaxia publica un libro de “Receitas para encher o peito”

Neste libro, publicado na colección Cociña de Editorial Galaxia, Xoanqui Ameixeiras comparte, Receitas para encher o peito, o seu saber gastronómico con todas e todos. Esta proposta está dirixida a todas as xentes de bo comer, persoas que aman os matices e distintos sabores. Unha invitación a non esquecer os sabores da infancia, nin aqueles pratos que […]

A RAG recibe a Lourenzo Fernández Prieto como académico de número

Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa-Ribadeo, 1961) ingresará o sábado 3 de xuño na Real Academia Galega como membro de número. A sesión extraordinaria pública terá lugar no teatro Jofre de Ferrol, a cidade onde medrou, a partir das 12 horas. O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e conselleiro de Editorial […]