Mañá abrirase o prazo de matrícula, da Escola de Letras, para o obradoiro con Diego Giráldez

Categoría: Nova

A Escola, abre, mañá, martes 11 de xullo, ás 8 da mañá, o prazo de matriculación para todas as persoas que desexen participar no novo obradoiro impartido por Diego Giráldez.

A matrícula estará aberta para este único obradoiro, que é o derradeiro desta IV edición.

Para formalizar a matrícula é imprescindible enviar un correo electrónico a escoladeletras@editorialgalaxia.gal, indicando:
-Nome completo da alumna/o.
-Correo electrónico.
-Número de teléfono.
-No ASUNTO e no CORPO do correo hai que sinalar o obradoiro, cidade e docente, no que se quere un matricular, por orden de preferencia.

OBRADOIRO LITERARIO EN PONTEVEDRA CON DIEGO GIRÁLDEZ

Días: 12, 19 e 26 de setembro; 2, 9, 16, 23, 30 de outubro

O horario para é de 18 h a 20 h.

Cada unha das peticións formalizaranse por estrita orde de chegada. Os obradoiros constan de quince prazas cada un; haberá unha lista de agarda para cubrir posibles baixas de matriculados. Terán preferencia as persoas que non participaron na Escola anteriormente.

O encargado de dirixir o obradoiro, Diego Giráldez, naceu no Porriño en 1976. Leva toda a súa vida profesional vinculado ao xornalismo e dirixiu distintos xornais e revistas e colaborou como columnista de opinión en medios coma A Nosa Terra, A Peneira e Xornal de Galicia, e con reportaxes culturais en El País. Na actualidade escribe para o diario dixital Praza Pública e a revista Luzes e dedícase profesionalmente á comunicación corporativa. Licenciado en Historia da Arte, publicou varios traballos, que abranguen desde a arquitectura ata a historia económica. Sen renunciar á creación literaria, con vinte anos participou xunto con outros autores no poemario Baldío. Máis tarde, en 2016, saíu á luz Galería de saldos, o seu primeiro traballo literario de narrativa. Este libro de relatos valeulle o aplauso unánime de crítica e público, polo que foi elixido Autor Galego do Ano polas lectoras e lectores da revista Fervenzas Literarias. En 2010 gañou o Premio Literario de Relato Curto José Saramago. Ese mesmo ano recibiu na súa localidade de nacemento o Premio Círculo Cultura. En 2015 fíxose co primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo e un ano despois gañou o prestixioso premio literario Manuel Murguía.

Comparte nas túas redes sociais ou por email