Presentación de “A historia de Sara”, en Noia

O venres 2 de xuño, celebrarase, ás 20:30 h, na Casa da Cultura “Antón Avilés de Taramancos”, en Noia, a presentación de A historia de Sara, de Franciso Castro, ilustrado por Luz Beloso. Acompañando o autor, estarán a escritora e presidenta de A. C. Barbantia, María Xesús Blanco, o escritor Antón Riveiro Coello, José Pérez Martínez, […]
A epopea da emigración

Editorial Galaxia publica Coímbra, de Xosé de Cea. Un mosaico no que o autor, a través dunha rúa do barcelonés barrio de Horta, vai construíndo a epopea da emigración galega en Cataluña vivida por un neno. Publicado na colección Literaria, esta obra, de corte autorreferencial, é testemuña dun tempo de convulsos cambios sociais que se precipitan […]
Pakolas gaña o XIV Premio Rosalía de Castro da lingua pola Deputación da Coruña

Pakolas resulta gañador do XIV Premio Rosalía de Castro da lingua pola Deputación da Coruña. É nomeado tamén nos Premios Martín Códax da Música na categoría de Música infantil. O rockeiro acaba de editar no pasado mes de abril o seu terceiro traballo en solitario A Ramona pequena vai á lúa, publicado na Editorial Galaxia, coas […]
Presentación de “A historia de Sara”, en Moaña

O luns 29 de maio, celebrarase, ás 19 h, na Asociación de Mulleres de Moaña, con motivo da conmemoración das Letras Galegas, a presentación de A historia de Sara, de Francisco Castro, ilustrado por Luz Beloso. Acompañando o autor e a ilustradora, presentará a escritora Iria Collazo. O acto contará coa actuación musical do coro Chorima […]
Galaxia publica O LIBRO DO FÚTBOL

A Editorial Galaxia publica O libro do fútbol, unha aposta literaria que conta coa participación dalgunhas das principais voces da literatura galega. Pedro Feijoo, Mercedes Corbillón, Xosé Ramón Pena, Alberto Avendaño, Elena Gallego Abad, Ana Abad de Larriva, Rexina Vega, Xosé A. Perozo, Ernesto Is, Cristina Pato e Afonso Becerra de Becerreá, son as encargadas […]
Haruki Murakami, Premio Princesa de Asturias das Letras

Haruki Murakami é recoñecido co Premio Princesa de Asturias das Letras. Na Editorial Galaxia traducimos obras como 1Q84, DO QUE ESTOU A FALAR CANDO FALO DE CORRER e TRAS DO SOLPOR. Nado en Kioto, Xapón, en 1949, despois de realizar estudos universitarios, traballou durante oito anos como encargado dun bar de jazz en Toquio. Ao […]
Presentación de “Escola de mulleres”, en Santiago de Compostela

O xoves 25 de maio, celebrarase, ás 20 h, na libraría Cronopios de Santiago de Compostela, a presentación de Escola de mulleres, de Inma López Silva. Acompañando a autora, estará a escritora Arantza Portabales. A Editorial Galaxia publica a nova novela de Inma López Silva, “Escola de mulleres“. A autora, gañadora do Premio da Asociación de Críticos […]
Presentación de “Manuel de Castro. Handicap. Crónica dunha paixón”, en Vigo

O mércores 24 de maio, celebrarase, ás 20 h, no Salón Regio da Sede RC Celta, en Vigo, a presentación de Manuel de Castro, Handicap. Crónica dunha paixón, de Adrián Estévez. Acompañando o autor, estarán Sergio Álvarez, ex porteiro do RC Celta, Juan de Castro, neto de Hándicap, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. […]