Hoxe celebramos o Día Europeo da Música

Hoxe celebramos a chegada do verán e tamén o Día Europeo da Música; organizado pola Unión Europea dende 1982 co obxectivo de promocionar a música mediante todas as súas vertentes. E que mellor forma de celebralo que viaxando a través de fabulosos títulos como os que vos recomendamos a continuación? Para conmemorar a efeméride, dende […]

Presentación de “Escola de mulleres”, en Betanzos

O mércores 21 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Biblos de Betanzos, a presentación de Escola de mulleres, de Inma López Silva. Acompañando a autora, estará Lucía Vidal Seoane, profesora de Química no IES As Mariñas. A Editorial Galaxia publica a nova novela de Inma López Silva, “Escola de mulleres“. A autora, gañadora do Premio […]

Galaxia publica “Os ollos do irmán eterno”, de Stefan Zweig, en banda deseñada

Editorial Galaxia trae ao galego a novela do austríaco Stefan Zweig, un clásico da literatura, que xa está dispoñible en formato banda deseñada. Adaptada por Borja Dierez, este é o debut do ilustrador no mundo da novela gráfica. Tomando como referencia a orixinal Die augen des ewigen Bruders. Eine Legende, de Zweig, Os ollos do irmán eterno […]

Galaxia celebra no MARCO de Vigo o #BLOOMSDAY

Este venres 16 de xuño, seguindo coa tradición do #Bloomsday, efeméride que festexa a publicación do Ulises de James Joyce, a Editorial Galaxia celebrará esta data en colaboración co MARCO de Vigo. Seguindo coa tradición da celebración do Bloomsday, no ano posterior ao centenario da publicación de Ulises, de James Joyce, e na Editorial Galaxia […]

Presentación de “Manuel de Castro, Handicap. Crónica dunha paixón”, na Feira do Libro de Redondela

O xoves 15 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, na Feira do Libro de Redondela, a presentación de Manuel de Castro, Handicap. Crónica dunha paixón, de Adrián Estévez. Acompañando o autor, estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Publicado na colección O noso deporte, esta proposta pretende achegarlle ao público galego as vidas, fitos e temas relacionados co […]

XXIII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2023

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXIII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario […]