O xoves 27 de xullo, celebrarase, ás 19:30 h, en Afundación de Santiago de Compostela, a presentación do libro Os tímpanos de Compostela, de Ramón Yzquierdo Peiró.
Acompañando o autor, estarán Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela, Belén Hernández, xerente do Consorcio, Juan Conde Roa (Consorcio de Santiago), e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
Os tímpanos de Compostela é unha recompilación destas obras escultóricas, de grande interese —e a partir das que xurdiron novos modelos iconográficos que tiveron destacada difusión ao longo dos tempos—, que se atopan na catedral compostelá e noutros lugares da cidade, e que adoitan pasar inadvertidas para a maior parte de composteláns e visitantes, e que configuran un percorrido distinto para coñecer a cidade.
Este traballo únese ao labor de recuperación do noso patrimonio cultural, en coedición co Consorcio de Santiago, onde o texto de Ramón Yzquierdo Peiró, doutor en Arte e director técnico-conservador do museo da catedral de Santiago, se acompañan de magníficas ilustracións que completan a explicación.