Celebramos Galicia

Categoría: Nova

Este martes 25 de xullo celebramos o Día de Galicia, unha ocasión para festexar a nosa identidade, cultura e orgullo de pertenza. 

A data da que falamos non só é o día do noso país, se non o día no que nacía o proxecto Galaxia, un 25 de xullo de 1950, no bodegón do hotel Compostela, en Santiago. 73 anos despois, esa idea que agromou das mentes máis brillantes e revolucionarias da época, é unha realidade intacta. Un valor inmaterial difícil de superar e un agasallo para a nosa herdanza cultural.

Hoxe seguimos a soprar as velas deste barco, coa mesma ilusión e compromiso, nun mar de letras que non deixa de cambiar e amosarnos novas ondas. A través da responsabilidade individual e colectiva, continuamos alzando as velas, nun mundo globalizado, no que é imprescindible reafirmar o propio, para non perderse na homoxeneidade imperante.

Soprade con nós, subide ao barco, e gozade da travesía.

Comparte nas túas redes sociais ou por email